Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FERVENZA DE GOSOLFRE&body=Recoméndoche que leas a información FERVENZA DE GOSOLFRE extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/211103000016/fervenza-de-gosolfre?langId=gl_ES%26tp=40004330
Poderemos ver esta fervenza facendo a Ruta das fervenzas do concello de Mazaricos. Chegaremos a ela dende os campos de cultivo da aldea de Gosolfre, baixando ata as ribeiras dos ríos de San Paio e Santa Locaia, que corren cara á ría de Noia.
Unha pendente pronunciada a través dunha frondosa carballeira levaranos ata a fervenza . Arredor de nós só escoitaremos os sons do bosque e da caída da auga. Atravesaremos unha ponte rudimentaria feita de paus e seguiremos o descenso do río pola súa marxe dereita.
A primeira fervenza que vemos é un tobogán de auga moi vertical que vai horadado na pedra. Por baixo dese tobogán, atopámonos outra fervenza duns 3 metros de altura, dividida en dúas pola roca que hai no medio. Agora a senda traza un círculo que nos afasta do leito do río e que nos leva a unha das fervenzas máis impresionantes, rodeada dun mesto bosque onde a luz non penetra.
Esta fervenza terá entre 15 e 20 metros de altura e cae formando unha poza bastante grande.
IMPORTANTE: o carreiro para baixar á beira da poza ten bastante pendente, polo que hai que ter moita precaución para non caer.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.