FERVENZA DE TOIRIZ

Fervenzas
454

Localización

Parroquia: Toiriz (San Xoán)

Vila de Cruces - Pontevedra

Coordenadas:
42º 47' 26.7" N - 8º 06' 51.4" W

Descrición

Colleremos a estrada de Agolada a Vila de Cruces, despois de pasar Brántega chegaremos a unha ponte que cruza o río, onde hai unha área recreativa. Desde alí séguese polas beiras, río arriba e río abaixo. Atopámola no río Arnego, un afluente do río Ulla que nace entre a Serra  do Faro e a Pena de Francia, xuntándose co río Ulla no encoro de Portodemouros. O río ten varios tramos nos que se encaixa en forma de cañóns,  rápidos e pequenos saltos. Nas súas beiras consérvanse os mellores grupos de sobreiras de Galicia protexidos, o  Sobreiral  do Arnego. O roteiro para chegar á fervenza non está sinalizada.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba