FERVENZA DO TORRILLÓN

Fervenzas
154

Localización

Parroquia: A Rigueira (San Miguel)

Lugar: O Torrillón

Xove - Lugo

Coordenadas:
43º 38' 46.4" N - 7º 29' 59.5" W

Descrición

A fervenza do Torrillón está situada no río Rigueira onde, a pesar do seu curto percorrido, atopamos numerosas fervenzas e pequenos rápidos. O río Rigueira desemboca no rego do Lago para chegar ao Cantábrico, entre punta Muiñeiro e punta Corveiro, xunto á fábrica de Alcoa.

Nas inmediacións das fervenzas tamén podemos visitar a igrexa de San Miguel da Rigueira, que data de 1616. Alí celébrase unha das romarías máis famosas da Mariña Lucense, cada 13 de xullo, na honra de San Antonio Ventureiro.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba