FERVENZAS DE PRESQUEIRAS

Fervenzas
296

Localización

Parroquia: San Miguel de Presqueiras (San Miguel)

Forcarei - Pontevedra

Coordenadas:
42º 31' 38.6" N - 8º 21' 17.4" W

Descrición

Para chegar a elas colleremos a estrada de Pontevedra a Ourense e en Cerdedo colleremos a desviación cara a San Miguel de Presqueiras. Pásase a aldea e séguese cara a Cerdedo ata cruzar o río. Da ponte cara arriba xa hai algunha  fervenza, pero as máis altas e impresionantes atópanse augas abaixo da ponte. A baixada ata o río non é nada doada. Non hai camiño, nin senda e a inclinación do terreo é superior a 45º. Hai que baixar con moito coidado, é recomendable facelo de lado e con bastóns. Atopamos as fervenzas no río Carballas ou Bidueiro, afluente do río do Castro que vai ao Lérez. Este pequeno río baixa da vertente norte da serra do Cando e ten un percorrido cheo de rápidos, saltos e canóns. O salto máis grande cae nun canón de xistos encaixado entre paredes verticais de 10 m de altura. O percorrido é perigoso.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba