POZAS DE MOUGÁS

Fervenzas
219
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Mougás (Santa Uxía)

Oia - Pontevedra

Coordenadas:
42º 03' 39.0" N - 8º 51' 40.5" W

Descrición

Para chegar a velas, na estrada que une Baiona coa Guarda, desviámonos cara a  Mougás e tomamos a estrada que pasa á dereita da igrexa e que sobe cara ao monte. A uns 2'5 quilómetros sae un camiño a man esquerda que nos levará ao noso destino. O camiño atópase en moi mal estado polo que é mellor continuar camiñando. a primeira  fervenza que veremos a man dereita atópase a 1'3 km do cruzamento. É o verdadeiro río de  Mougás. Seguindo polo camiño chégase a unha  intersección na que podemos coller o camiño da esquerda que baixa cara ao Regueiro  do  Foxo. Aquí hai varias pequenas  fervenzas onde a auga busca a súa saída entre grandes rocas de granito. Hai que ir con moita precaución porque as rocas son esvaradías, polo que é moi recomendable levar calzado adecuado e uns bos bastóns. Unha vez finalizadas as  fervenzas da parte inferior tomaremos o camiño da dereita ou superior na bifurcación e chegaremos á maior das pozas, a escasos 300 metros. Este arroio ten diferentes denominacións:  regueiro  do  Foxo,  rego  Peiteal ou das Pías. Hai sinalización no camiño.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba