POZOS DE RAMIL: POZO NEGRO E POZO BLANCO

Fervenzas
203

Localización

Parroquia: Ramil (San Martiño)

Agolada - Pontevedra

Coordenadas:
42º 49' 50.1" N - 7º 57' 13.8" W

Descrición

Partindo de Agolada colleremos a estrada PO-840, dirección Melide, ata chegar a Ramil. Unha vez alí, colleremos a estrada que vai a Pambre (San Pedro). Pouco despois pasaremos por unha ponte e veremos entón unha pista de terra á dereita, que tomaremos. Chegaremos axiña a unha pequena carballeira onde se deixa o vehículo. De alí tirase por un carreiro que hai de fronte. Se non hai moita auga poderemos baixar directamente ao río pasando un muro de pedra ata dar cunha levada que vai paralela ao río. Seguiremos por ela, pola esquerda, pasaremos uns prados, e descenderemos ao río pola última sebe vexetal que divide o prado. Alí, por unha senda de pescadores, á beira do río, camiñaremos cara arriba ata chegar ao Pozo Negro e ao Pozo Branco, nunha contorna realmente fascinante onde medran os érbedos. Tamén se pode chegar por unha senda forestal que vai ata o balneario de Frádegas, a mellor opción cando o río leva moita auga. A ruta non está sinalizada.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!