FERVENZA DE ARGALO

Fervenzas
202

Localización

Parroquia: Argalo (Santa María)

Noia - A Coruña

Coordenadas:
42º 45' 37.4" N - 8º 53' 54.8" W

Descrición

Na parroquia de Argalo, no concello de Noia, deixaremos o coche e seguiremos o antigo camiño de carros que sae á esquerda, aproximadamente uns 400 m. Iremos por un bosque autóctono de carballos, castiñeiros, amieiros e freixos. O salto de auga ten uns 7 metros de altura, o que o converte no máis alto de Noia. O recomendable é ir despois de varios días de choivas, xa que o rego de Vilaboa adoita levar escasa auga. Por baixo da fervenza, atopámonos outras de menor tamaño. O rego de Vilaboa nace nas saias do Monte Iroite e desemboca en Noia cedendo as súas augas á ría de Noia. O roteiro para chegar ata a fervenza non está sinalizado. 
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba