FERVENZA DE ROSENDE

Fervenzas
229

Localización

Parroquia: Calvos de Socamiño (San Martiño)

Lugar: Rosende

Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 50' 10.0" N - 8º 15' 22.1" W

Descrición

Chegaremos á aldea de Rosende, no concello de Touro, e continuaremos por un camiño ancho apto para vehículos, que nos deixará á beira do río Ulla. A fervenza está indicada cun cartel informativo. Atópase no rego de Rosende, ao que dá nome, e que cede as súas augas ao río Deza. Este salto de auga ten máis de 10 metros de altura e pódese ascender pola súa marxe dereita con moito coidado, xa que o terreo está moi esvaradío.  Desde a parte alta da fervenza vese outro pequeño salto, duns 2-3 metros, que cae sobre unha poza, para formar posteriormente a caída máis grande. Finalmente, a auga volve atopar un terreo vertical entre rochas graníticas formando unha fervenza en dous saltos duns cinco metros de altura en total. 
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!