FERVENZA DO LAGO DAS ENCROBAS

Fervenzas
496

Localización

Parroquia: As Encrobas (San Román)

Lugar: As Encrobas

Cerceda - A Coruña

Coordenadas:
43º 11' 31.1" N - 8º 25' 39.6" W

Descrición

Atoparémola no lago das Encrobas ou de Meirama, no concello de Cerceda, na beira esquerda do mesmo. Para acceder á fervenza colleremos a pista asfaltada que rodea o lago e, cando a estrada se separa, tomaremos unha pista de terra á dereita. Cando cheguemos á ponte que cruza o salto de auga, buscaremos á dereita un pequeno carreiro escondido entre a vexetación, moi pechado. Nun determinado punto o carreiro desaparece, pero pódese descender a ladeira, moi empinada, con axuda das mans, dos bastóns e das árboles. Baixaremos uns 20 metros e desviarémonos en horizontal a man esquerda. Aquí xa non hai carreiro algún, aínda que se adiviña entre a vexetación unha posible senda que teremos que ir abrindo cos bastóns de sendeirismo.  Son apenas 60 metros, moi complicados. Chegaremos á parte intermedia da fervenza, vendo perfectamente a parte superior da mesma e, asomarémonos con moito coidado para ver a inferior. O roteiro é complicado e mesmo perigoso.  As augas desta freixa pertenecen ao rego de Morzós.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba