FERVENZA DE ARCOS

Fervenzas
344

Localización

Parroquia: San Tomé de Nogueira (San Tomé)

Lugar: Arcos

Meis - Pontevedra

Coordenadas:
42º 30' 30.9" N - 8º 41' 48.3" W

Descrición

Desde Mosteiro colleremos o desvío a San Tomé de Nogueira ata a aldea de Arcos. Desde a área recreativa baixaremos ao río. Os saltos de auga atoparémolos no rego de Santo Tomé, un afluente do río Canón, subsidiario do río Umia. O río baixa do monte Castrove e na zona de San Tomé de Nogueira salva un desnivel sobre rochas graníticas con varias fervenzas encadeadas de pouca altura. Non hai sinalización.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba