FERVENZAS DO REGO DA ARMENTEIRA

Fervenzas
184

Localización

Parroquia: A Armenteira (Santa María)

Meis - Pontevedra

Coordenadas:
42º 28' 06.6" N - 8º 44' 37.2" W

Descrición

Deixamos o coche no Albergue de Peregrinos da Armenteira e percorremos o roteiro en sentido descendente. Este camiño é a antiga senda que utilizaban os habitantes de Ribadumia para chegar ao mosteiro da Armenteira. No roteiro hai dous grupos de muíños: na parte inferior atópanse os muíños de  Barrantes e na parte superior os de  Serén. Á parte dos muíños, atoparemos tamén lavadoiros antigos e zonas fluviais con " poldras", as pedras que permiten vadear os ríos. O camino está sinalizado.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba