FERVENZA DE AUGAS ALTAS

Fervenzas
227
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Trez (Santiago)

Laza - Ourense

Coordenadas:
42º 04' 39.5" N - 7º 24' 53.0" W

Descrición

A fervenza de Augas Altas está situada no rego Auga Alta, afluente do río Cereixo, que á súa vez é afluente do río Támega, que baixa desde o Alto de Verea.

Chegar a esta fervenza non presenta ningunha dificultade, xa que está xusto á beira da estrada. Collemos a OU-112 que une Laza con Cercedelo e, despois do cruce que indica o lugar de Touro e antes de chegar ao lugar de Trez, estaremos moi atentos para vela nunha curva.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba