RÚA REAL

Civil
461

Localización

Parroquia: Cangas (Santiago e San Salvador)

Lugar: Cangas

Rúa Real

36940  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 15' 50.1" N - 8º 47' 06.3" W

Descrición

A rúa Real era o eixe xeográfico que estrutura o Barrio do Sinal, e o Barrio do Costal e o Outeiro. Os cruceiros de Síngulis no oeste e o do Sinal no leste, marcaban os límites do concello.
Debido a indicios arquitectónicos en varias vivendas antigas da rúa, nos séculos XVIII e XIX a rúa Real puido ser unha rúa de soportais. A función dos soportais era a de protexerse da choiva no inverno e do sol no verán, e seguramente, nos mesmos aproveitaríase para facer a venda dos produtos da terra e outros, pois a praza da abastos como tal non existirá ata o ano 1925.
Nesta rúa tamén hai que destacar as casas modernistas de finais do XIX e comezos do XX, coas brancas galerías, en cuxa construción se combinaron novos materiais como o vidro, o metal e a madeira, que ademais de axudar a combater a humidade no inverno, dáballes un toque señorial. Son o caso da «casa de Rosita» (en fronte da Fonte do Cabalo), que data de 1894, a casa do prior na rúa Real, ou a de «Indalecio», que é de 1906.

Acceso

Situada en pleno casco vello como eixo divisorio do antigo casco histórico da vila.
Arriba
Axúdanos a mellorar!