ALPENDRE DE SANTA MARÍA DE DARBO

Etnográfico
656

Localización

Parroquia: Darbo (Santa María)

Lugar: O Seixo

36949  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 15' 45.1" N - 8º 48' 08.2" W

Descrición

Érguese xunto ao templo parroquial delimitando o adro na súa parte sur que á súa vez se corresponde coa zona máis elevada. É unha típica construción feiral de planta rectangular e lineal, formado por 19 piares e igual número de linteis, dous muros laterais de perpiaño e na fachada posterior un muro de contención de terras realizado en cachotaría. Todos estes elementos sustentan as "lousas" de pedra que conforman a cuberta deste singular conxunto etnográfico. Pegado ao muro posterior sitúase un banco corrido para asento da xente e tamén para instalar todo tipo de mercadorías e produtos que se venden en feiras, festas e romaxes.
Arriba
Axúdanos a mellorar!