CAPELA DOS REMEDIOS E DE SAN LORENZO

Relixioso
880

Localización

Parroquia: Adelán (Santiago)

Lugar: O Coto

27773  Alfoz - Lugo

Coordenadas:
43º 31' 42.2" N - 7º 23' 44.9" W

Descrición

Ten unha nave cuberta a dúas vertentes, arco alintelado de entrada, espadana dun só van e sancristía detrás. Hai un pequeno adro diante da fachada no que se pode ler a data de fundación da capela: 1786. No interior, unha escaleira de caracol leva ata a espadana e a tribuna; chan pavimentado de lastras e dúas pías de auga bieita. Retablo rococó xaspeado e dourado e imaxinería do século XVIII en diante.
Arriba
Axúdanos a mellorar!