IGREXA PARROQUIAL DE SAN SEBASTIÁN DE CARBALLIDO

Relixioso
301

Localización

Parroquia: Carballido (San Sebastián)

Lugar: Barbeito

27776  Alfoz - Lugo

Coordenadas:
43º 31' 50.0" N - 7º 23' 53.9" W

Descrición

Igrexa construída a finais do século XVIII, ten unha soa nave e dúas sancristías situadas a ambos os dous lados da capela maior. A fachada principal ten porta con arco alintelado, con extremos curvados, e unha inscrición conmemorativa da construción do templo. Tamén ten unha torre-campanario dun só corpo con elementos arquitectónicos característicos do estilo barroco. No presbiterio presenta unha bóveda na que hai catro paneis de pintura do século XIX. Representan a glorificación de san Sebastián, o Bo Pastor, Xesús e a Samaritana e o Agnus Dei. O retablo é neoclásico.
Arriba
Axúdanos a mellorar!