CAPELA DE SANTO ESTEVO DO ERMO OU DE AUGAS SANTAS

Relixioso
1167
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Cosme de Barreiros (San Cosme)

Lugar: As Eiras

27790  Barreiros - Lugo

Coordenadas:
43º 31' 23.0" N - 7º 14' 12.9" W

Descrición

Situada nunha bela paraxe rodeada de enormes penas e frondosa arboredo, é a capela máis antiga de Barreiros, reedificada en varias épocas. Fundada no s. XV, é de planta rectangular e consta de nave rectangular, sancristía detrás e, ante a fachada, sinxelo pórtico pechado e moi reformado. Presenta os muros recebados e pintados de branco, con cuberta de lousa a catro augas. Ten unha pequena espadana dun só van. Interior: arco triunfal de medio punto e retablo popular coa imaxe titular de Santo Esteban e outros talles dos ss. XVI e XVII. Nas súas inmediacións atópase unha fermosa fervenza no río de Sto. Estevo e dúas fontes de augas mineiro-medicinais famosas polas súas propiedades curativas (anemia e rosas da pel...): fonte de Sto. Estevo e fonte de Sta. Rosa, con importantes lendas e tradicións. Área recreativa próxima.

Acceso

Dende Barreiros toma a estrada N-634 en dirección Lugo. Despois dunha gasolinera á dereita, desviámonos por unha estrada á esquerda ata pasar o barrio de As Eiras. Logo tómase un camiño sen asfaltar rodeado de piñeiros e eucaliptos que conduce xusto ata o recurso.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba
Axúdanos a mellorar!