IGREXA PARROQUIAL DE SANTA EULALIA DE LAGO

Relixioso
129

Localización

Parroquia: Lago (Santa Eulalia)

Lugar: A Áspera

27878  Xove - Lugo

Coordenadas:
43º 41' 28.0" N - 7º 29' 11.9" W

Descrición

Templo do s. XVII construído sobre outra construción anterior, de planta rectangular. Consta de nave cuadrangular dividida en tres tramos separados por arcos de medio punto, capela maior e sancristía pegada detrás. Frontis con tres portas: porta principal de arco de medio punto no centro e dúas portas laterais alinteladas, con airosa espadana de dobre corpo e tres vans. Sobre a porta central lese a inscrición "Igrexa de refuxio". Tamén se observa unha curiosa lápida pouco lexible na fachada principal. Interior: retablo maior e laterais barrocos do s. XVIII, con talles de variada cronoloxía, e templete da procesión de Corpus con catro columnas salomónicas e detalles barrocos.
Arriba