CAPELA DE SANTA MARGARITA

Relixioso
1344

Localización

Parroquia: Muíño (San Tirso)

Lugar: A Santa

15858  Zas - A Coruña

Coordenadas:
43º 02' 27.5" N - 8º 55' 55.1" W

Descrición

Ten unha nave de planta rectangular, muros de cadeirado e cachotaría, cuberta a dúas augas e tellado de tella. A fachada, de cadeirado, ten porta alintelada flanqueada por dous bancos de pedra e unha pedra de armas. Espadana dun van con remate triangular coroado por un pináculo e unha cruz. Rodeada dunha carballeira.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a estrada a Pudenza. En Castro xírase á esquerda e avánzase ata A Fonte Espiño. Aquí tómase o desvío que hai á esquerda e que conduce á ermida.
Arriba
Axúdanos a mellorar!