CAPELA DE SAN PEDRO DE FOLLENTE

Relixioso
1310

Localización

Parroquia: Mira (Santa María)

Lugar: Follente

15855  Zas - A Coruña

Coordenadas:
43º 05' 34.5" N - 8º 53' 49.4" W

Descrición

Muros de cadeirado, cuberta a dúas augas e tellado de tella. A fachada ten unha porta alintelada enmarcada por unha ventá. Espadana dun van coroada por un frontón triangular, sobre o que se apoian pináculos en laterais e unha cruz en centro.

Acceso

Dende a capital municipal, toma a estrada cara a Santa Comba. No punto quilométrico 53 tórcese á esquerda cara a Follente. A capela está fronte ao pazo.
Arriba