FERVENZAS DO RÍO VILADESUSO OU BOI

Fervenzas
182
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Viladesuso (San Miguel)

Oia - Pontevedra

Coordenadas:
42º 02' 37.9" N - 8º 51' 11.6" W

Descrición

Na estrada A Guarda-Baiona, collemos o cruzamento a  Mougás e seguimos pola estrada que pasa á dereita da igrexa, de fronte ao monte. Tomamos a primeira pista de terra que sae pola dereita e en 2'3 km atopámonos co río Viladesuso, no que atoparemos varios saltos de auga e pozas. O río Boi ou Viladesuso nace nas  Sobreiras  do Faro, que foi declarado Espazo Privado de Interese Natural en xaneiro de 2011, converténdose no primeiro de Galicia. Trátase dunha das escasas masas de sobreiras en rexións con clima oceánico que se coñecen en Galicia, o que lle confire unha notable singularidade bioxeográfica. O acceso está indicado.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba