Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: POZO DO INFERNO&body=Recoméndoche que leas a información POZO DO INFERNO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/220125000132/pozo-do-inferno?langId=gl_ES%26tp=40004330
Para chegar a esta fervenza seguiremos un percorrido que parte do lugar da Ponte, no concello da Cañiza. Alí podemos ver a ponte Noceifas, dun só arco e lixeiramente apuntada, que moitos catalogan como romana aínda que os últimos estudos dátana nos séculos XVII-XVIII.
Dende aquí continuamos por unha senda que nos levará ata a praia fluvial de Mandelos, xa no concello de Crecente, para seguir despois á beira do río Ribadil, afluente do rio Miño, rodeados por grandes fentos e vexetación de ribeira.
Durante o camiño atoparemos antigos muíños e pequenos saltos de auga ata chegar á fervenza do Pozo do Inferno, á que se accede a través de pasarelas e escaleiras de madeira e que conta cun miradoiro dende o que poder desfrutar das vistas.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.