RIBEIRA SACRA E SERRAS DO ORIBIO E COUREL

Espazos naturais
471
No Camiño de Santiago

Localización

Lugo

A Pobra do Brollón | Bóveda | Carballedo | Chantada | Folgoso do Courel | Monforte de Lemos | O Incio | O Saviñao | Pantón | Paradela | Portomarín | Quiroga | Ribas de Sil | Samos | Sarria | Sober | Taboada | Triacastela

Ourense

A Peroxa | A Teixeira | Castro Caldelas | Nogueira de Ramuín | Parada de Sil

Coordenadas:
42º 35' 11.0" N - 7º 29' 35.0" W

Descrición

Beleza natural e riqueza natural polos canóns do Sil e polo río Miño
A Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel localízase entre as provincias de Lugo e Ourense. Estrutúrase sobre os tramos medios das concas do Miño e o seu principal afluente, o Sil, xunto cos distintos rebordes montañosos que as enmarcan.
O espazo xgegráfico comprendido pola Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel, posúe un amplo conxunto de valores do patrimonio natural e do patrimonio cultural. Entre os seus ecosistemas encóntranse un gran número de hábitats amenazados no conxunto da Rexión Bioxeográfica Atlántica, así como outros considerados raros ou poco representativos nesta mesma unidade bioxeográfica, ou incluso para o conxunto da área continental europea. Xunto cos hábitats naturais, o territorio alberga hábitats seminaturais de gran valor ambiental, como os soutos (Castanea sativa), ou os distintos tipos de sistemas de prados de sega e prados de dente, que serven de sustento a unha rica flora e fauna. As variacións bioxeográficas foron igualmente determinantes para a preservación no territorio dun rico elenco de fungos, liques, briófitos, plantas vasculares, invertebrados e vertebrados, con moitas especies endémicas, raras ou ameazadas de desaparición no contexto Atlántico ou Ibérico.
A poboaación local de este territorio soubo establecer e maner diversos tipos de agrosistemas tradicionais como elementos de gran singularidade ambiental e cultural, como os socalcos, que marcan a paisaxe das áreas próximas aos canóns fluviais, ou os soutos, que se mesturan con estes formando extensas biocenoses nas áreas montañosas, especialmente da Serra do Courel.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Camiño Francés

Situación

Nos concellos lucenses de Bóveda , Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel, O Incio, Monforte de Lemos, Pantón, Paradela, Pobra do Brollón, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Samos, Sarria, O Saviñao, Sober, Taboada, Triacastela.
Nos concellos ourensanos de Castro Caldelas, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, A Peroxa, A Teixeira.

Superficie

306.535 hectáreas totais.

Servizos

Aloxamento: Si.
Comer: Si.
Natureza Espazos naturais Reserva da biosfera
Arriba
Axúdanos a mellorar!