CRUCEIRO DO ÉZARO

Etnográfico
377
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Ézaro (Santa Uxía)

Lugar: O Ézaro

Estrada AC-550

15297  Dumbría - A Coruña

Coordenadas:
42º 54' 38.2" N - 9º 07' 49.4" W

Descrición

Cruceiro de tipo de Crucifixo sen plataforma e cun pedestal cúbico achafranado. Ten unha vara circular que leva un capitel toscano. A cruz é cuadrangular cos brazos achafranados. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O pano de pureza vai suxeito cunha corda. Polo reverso da cruz fica a Virxe do Carme que rescata da tempestade a un náufrago. O cruceiro é todo de granito.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba