FESTA DA PASCUA DE PADRÓN

Festas de interese turístico
732
No Camiño de Santiago
Datas de celebración: 02/04 - 24/04

Localización

Parroquia: Padrón (Santiago)

Lugar: Padrón

Padrón - A Coruña

Coordenadas:
42º 44' 18.0" N - 8º 39' 39.8" W

Descrición

A Pascua de Padrón é unha celebración secular con máis de 400 anos de antigüidade documentada (as orixes remóntanse polo menos a inicios do século XVII), que combina a compoñente relixiosa propia da Semana Santa cun enorme arraigamento na poboación e cun alto valor cultural, derivado das múltiples actividades que acontecen paralelamente, ben sexan comerciais, culturais, deportivas, gastronómicas... que se foron engadindo para seguir fortalecendo a Pascua como un polo de dinamización económica e sociocultural. 
Esta festa xorde pola coincidencia dun mercado dominical e unha das feiras cabalares e de gando máis importantes de Galicia coa celebración do Domingo de Resurrección, dentro dos actos litúrxicos da Semana Santa

Nas últimas décadas, as actividades da Festa da Pascua de Padrón fóronse estendendo no tempo ata abranguer na práctica un período de tres semanas, sempre coincidindo coa entrada da primavera. Esta amplitude de datas, xunto coa diversidade das actividades programadas ao abeiro da Pascua -relixiosas, culturais, musicais, deportivas, comerciais, sociais, son valores que reforzan a Pascua de Padrón como unha das principais romarías tradicionais de Galicia.

Destacado:
A Feira Cabalar o Domingo de Resurrección no Campo da Barca. 

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Outras características

Relixiosas
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba
Axúdanos a mellorar!