FERVENZA DO RÍO ANTIGUA

Fervenzas
195

Localización

Parroquia: Trascastro (Santalla)

O Incio - Lugo

Coordenadas:
42º 38' 36.4" N - 7º 19' 29.3" W

Descrición

O río Antigua, afluente do río Cabe, nace preto da Mesa dos 4 Cabaleiros, situada no punto de encontro de catro concellos lucenses: O Incio, Samos, Folgoso do Courel e A Pobra do Brollón. Este río ten un longo percorrido, coa curiosidade de que se fai subterráneo para rexurdir preto da fervenza principal.

Para chegar ata el e ver as fervenzas que se forman no seu camiño, hai que coller a estrada LU-642 que vai dende O Incio cara Folgoso do Courel. Pouco despois de cruzar o río Cabe, tomaremos un desvío ata o lugar de San Miguel, onde deixaremos o coche para baixar ao río a pé.

Remontaremos o río Antigua ata ver as dúas fervenzas e, por riba delas, seguiremos vendo o cauce do río ata que, nun momento determinado, desaparecerá da nosa vista. Se baixamos ao pé da fervenza veremos como a auga brota a torrentes entre as rochas.

.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba