FERVENZA DAS PENIZAS

Fervenzas
302

Localización

Parroquia: Quireza (San Tomé)

Lugar: Fondós

Cerdedo-Cotobade - Pontevedra

Coordenadas:
42º 34' 11.2" N - 8º 27' 29.8" W

Descrición

Dende A Estrada collemos a EP-7001 en dirección ao lugar de Codeseda e alí continuamos pola PO-7102 cara a Sabucedo. A partir de aquí seguiremos por pistas asfaltadas ata chegar a aldea de Fondós, na parroquia de san Tomé de Quireza.

No final da aldea atoparemos un camiño polo que só poderíamos continuar se temos un vehículo 4x4, polo que recomendamos aparcar e continuar a pé. 

A fervenza atópase no regueiro das Penizas, un pequeno regato que nace no pico dos Aguillóns, a 768 metros de altitude. Remontamos o río pola beira esquerda e iremos vendo pequenos saltos de auga antes de chegar á fervenza principal, que cae dende 10 metros de altura formando unha gran piscina natural. . 
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba