IGREXA PARROQUIAL DE SANTIAGO DE CARREIRA

Relixioso
227

Localización

Parroquia: Carreira (Santiago)

Lugar: Carreira

15855  Zas - A Coruña

Coordenadas:
43º 07' 24.9" N - 8º 52' 55.9" W

Descrición

Ten unha nave de planta rectangular, muros de cachotaría recebados con esquinas de cadeirado. Cuberta a dúas augas e tellado de tella. A fachada ten porta alintelada enmarcada por un van e está rematada por pináculos. Espadana de tres vans coroada por un frontón triangular sobre os que se apoian varios pináculos.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a estrada cara a Gándara. A cinco km está Carreira.
Arriba