Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FERVENZA DO FONDO DA PETADA&body=Recoméndoche que leas a información FERVENZA DO FONDO DA PETADA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/220829000266/fervenza-do-fondo-da-petada?langId=gl_ES%26tp=40004330
Parroquia: A Seara (Santa María Madanela)
Quiroga - Lugo
Nas aforas da aldea da Seara, no concello de Quiroga, existe unha antiga ponte que cruza o rio e, dende aquí, accederemos ao sendeiro que indica a ruta cara a Lagoa de Lucenza.
Despois de camiñar durante uns 300 metros poderemos ver, á esquerda, a fervenza de Fócaro. Continuamos, seguindo o curso do río Murelos e ascendendo ata chegar ao cartel l que indica o desvío cara a fervenza de Fondo da Petada.
Dende ese punto ata a fervenza camiñaremos pouco máis de 150 metros por un sendeiro moi estreito e bastante pechado polas matogueiras. Ademais, en épocas de chuvias é posible que teñamos que descalzarnos e cruzar un pequeno regato, polo que é precisa certa destreza para chegar ata o pé deste salto de auga.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.