IGREXA SAN PEDRO DE BANDE

Relixioso
147

Localización

Parroquia: Bande (San Pedro)

Lugar: Bande

32840  Bande - Ourense

Coordenadas:
42º 01' 48.0" N - 7º 58' 33.9" W

Descrición

De estilo barroco, finalízase a súa construción en 1795. O exterior de robusta arquitectura, que ofrece unha gran sobriedade, dálle aire de fortaleza. A nave distribúese en cinco tramos, cuberta con bóveda de canón e arcos fajones, apoiados sobre pilastras que se traducen ao exterior en contrafortes. Presenta cruceiro destacado en planta, con bóveda de cruceria no transepto, e de canón nos brazos, que a capela maior igual.

Servindo de verde pórtico á igrexa e á casa reitoral encóntranse tres carballos, incluídos no “catálogo de árbores senlleiras de Galicia”, os cales, segundo conta a tradición popular, indican o tempo de sementar as patacas (carballo do medio), o millo (carballo norte) e as fabas (carballo sur).

Acceso

A 200 m. do centro de Bande seguindo a rúa San Roque. Partimos dende a casa do concello ata chegar ao recurso.
Arriba