CAPELA DE SAN CIBRAO

Relixioso
1176

Localización

Parroquia: Lieiro (Santa María)

Lugar: San Cibrao

Rúa da Chapela s/n

27890  Cervo - Lugo

Coordenadas:
43º 41' 56.9" N - 7º 26' 20.9" W

Descrición

Na capela de San Cibrao, situada no Porto de Arriba, e que xa existía en 1128, destaca a sinxeleza da súa arquitectura, rematada cunha pequena espadana barroca, e a súa estrutura, nunha soa nave. No presbiterio unha ventá enche de luz o retablo maior, no que destacan as súas cores alegres así como o innumerable grupo de anxos e querubíns que engalanan a coidada imaxinería, de gran beleza. No seu centro, pola súa postura orante e o seu manto destaca a Inmaculada Concepción, á súa esquerda, o titular como bispo, vestido de pontifical e cunha policromía moi coidada, así como o santo Antonio da dereita.

Nesta capela consérvase unha pía de pedra, bastamente labrada, que moi probablemente foi feita cando se construíu a capela, cara ao século VIII ou IX, e pode que servise para bautizar os primeiros católicos de San Cibrao, cando o sacramento aínda se facía por ablución.

Acceso

Está no porto de San Cibrao.

Estilos

Barroco
Arriba