CAPELA DE GORDÓN

Relixioso
876
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Argozón (San Vicente)

Lugar: Gordón

27511  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 38' 39.9" N - 7º 52' 03.9" W

Descrición

Edificio de finais do século XVII e principios do XVIII. Ten planta rectangular, presbiterio cadrado e sancristía apegada a un lateral deste. Os muros que a conforman son de cachotería e cantería de granito e lousa, e a cuberta a dúas e catro augas. O arco triunfal é de medio punto sobre imposta, igual que o que dá acceso á sancristía. Na nave hai tres portas alinteladas, unha na fronte e as outras en cada lateral. Sobre a portada principal hai un escudo de armas formado por un león rampante e cuartel con barras horizontais. Remata o frontispicio un sinxelo campanil. No interior consérvanse tres retablos. O da capela maior é de estilo barroco, igual que os que se sitúan nos laterais.

Acceso

En Chantada tomar a estrada LU-213 en dirección Lalín-Santiago. A capela atópase a 12 km aproximadamente.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!