IGREXA PARROQUIAL DE SAN FIZ DE ASMA

Relixioso
1235
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Fiz de Asma (San Fiz)

27516  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 37' 24.9" N - 7º 43' 11.9" W

Descrición

Edificio de orixe románica, con reformas ao longo da historia. Presenta planta e presbiterio rectangular. No lado dereito deste engadiuse a sancristía, de pequenas dimensións, e aos lados da capela maior hai dúas capelas laterais. Muros de cachotería e cantería de granito, e cuberta de tella a dúas augas. No muro sur do presbiterio conserva unha ventá románica de medio punto.
Capiteis con motivos vexetais. Fronte sinxela, con portada alintelada e  espadana de dous vans, o superior acabado en florón. No interior, arco triunfal de medio punto; dúas lápidas sepulcrais e pedra de armas coa data de 1619 no presbiterio.

Acceso

En Chantada tomar a N-540 dirección Lugo. A 500 m coller o desvío á dereita pola estrada LU-P-1802 e a 1,6 km tomar novamente o desvío á dereita pola LU-P 1811 dirección San Fiz de Asma.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba