IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE SABADELLE

Relixioso
1019
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Sabadelle (Santa María)

27517  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 38' 44.9" N - 7º 44' 36.9" W

Descrición

Iniciouse a súa reedificación dende os cimentos no ano 1830, e rematouse en 1834. A súa planta é de salón, con sancristía na cabeceira. Os muros que a conforman son de cachotería e cantería de granito. A nave divídese en tres tramos separados por pilastras e arcos de medio punto que se corresponden no exterior con molduras saíntes. O presbiterio está separado da nave por medio dun arco triunfal de medio punto. Cóbreo unha bóveda de medio punto de barrotillo. O frontispicio é posterior ao resto da edificación e remátase cunha torre que conta con escaleiras interiores de acceso. O retablo da capela maior foi realizado no século XX, e os das capelas laterais non se conservan, só permanecen as edículas dos muros nos que se enmarcaban.

Acceso

En Chantada tomar a N-540 dirección Lugo. A 500 m desvío á dereita pola estrada LU-P-1802.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!