IGREXA PARROQUIAL DE SANTIAGO DE ARRIBA

Relixioso
1126
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Santiago de Arriba (Santiago)

Lugar: A Igrexa

27515  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 34' 34.3" N - 7º 43' 56.9" W

Descrición

Edificio do último cuarto do século XVIII.
A planta é de salón, con nave rectangular e presbiterio da mesma forma, separados só por un arco triunfal de medio punto con imposta.
No muro esquerdo do presbiterio apégase a sancristía, de planta rectangular, e con acceso dende o exterior e dende o interior. Os muros son de cachotería e cantería de granito, con cuberta a dúas e tres augas. Na nave conserva en cada lateral un arcosolio, nos que se colocaban os retablos laterais, hoxe desaparecidos. O do altar maior é de estilo barroco.
Culmina o frontispicio unha espadana de dous vans.

Acceso

En Chantada coller a LU-P-1801 en dirección aos Peares.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!