IGREXA DE SANTIAGO DE GÜIN

Relixioso
1009

Localización

Parroquia: Güín (Santiago)

Lugar: Güín

32847  Bande - Ourense

Coordenadas:
42º 01' 17.0" N - 7º 54' 00E-" W

Descrición

A igrexa, dunha nave e arcos faixóns, presenta ao exterior grande serenidade de liñas. Aos pés abre a porta de accesos, arquitrabada, e sobre ela óculo cuadrilobulado. A cornixa presenta as ramplas curvas, con pináculos asentados nos extremos. No centro érguese a espadaña dun corpo de arcos, coroada por frontón de notable desenvolvemento.
No interior, o retablo maior ofrece na base a seguinte inscrición: " Esta obra a pinto sendo Prior o Señor Don Martin Gordan Año de 1739. Píntome Dn Josef Rz de Ourense". Na rúa central presiden Santiago peregrino e o Crucificado.

Acceso

A 11 km do centro de Bande seguindo a estrada OU-301. Partimos dende a casa do concello pola estrada OU-301 ou tamén chamada rúa Mestre Taibo. Desviámonos no km. 10,980 á esquerda. A 20m. está a igrexa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!