CAPELA DO CARBALLAL

Relixioso
1538

Localización

Parroquia: Aranga (San Paio)

Lugar: O Carballal 8

15317  Aranga - A Coruña

Coordenadas:
43º 12' 52.9" N - 7º 58' 47.9" W

Descrición

Capela sen estilo definido, realizada en granito. Presenta unha planta rectangular dunha soa nave con ábsida rectangular. Posúe unha tribuna interior. Os muros están recebados e a fachada pintouse de branco. A cuberta é a dúas augas en tella curva. Sobria en decoración aínda que se xoga co contraste entre o recebo branco e os perpiaños de cantería á vista. Destaca a espadana cun só oco.

Acceso

 Dende o lugar da Reborica (N-VI), dirección Cambás a 4 quilómetros aproximadamente no lugar de Carballal.
Arriba