CAPELA DE SAN ANTONIO DA REBORICA

Relixioso
1351

Localización

Parroquia: Aranga (San Paio)

Lugar: A Reborica 24

15317  Aranga - A Coruña

Coordenadas:
43º 11' 44.3" N - 7º 58' 52.3" W

Descrición

Capela sen estilo definido, realizada en granito. Planta rectangular. Cuberta a dúas augas con tella curva. Os muros están recebados con cemento, a excepción dos esquinais e os vans, que se deixan coa pedra vista. Na fachada principal obsérvase unha pequena fornela coa imaxe de Santo Antonio. Destaca o campanario, aberto, de estrutura metálica, sen acceso. A iluminación é escasa, cunha pequena ventá na fachada principal e outras dúas en muro esquerdo.

Acceso

Dende  o lugar da Reborica ( N-VI), dirección Cambás, ao pasar a aldea, a primeira pista á dereita.
Arriba
Axúdanos a mellorar!