IGREXA DE SAN CRISTOVO DE MUNIFERRAL

Relixioso
1396

Localización

Parroquia: Muniferral (San Cristovo)

Lugar: O Regueiral

15317  Aranga - A Coruña

Coordenadas:
43º 14' 19.8" N - 8º 03' 10.3" W

Descrición

Dunha única nave con ábsida rectangular, edificada no século XIII, conserva elementos orixinais como os canzorros zoomorfos e antropomorfos do muro sur da nave principal. Foi modificada no percorrer dos anos. A fachada, a espadana e a sancristía foron edificadas en estilo barroco. A fachada presenta un esquema pentagonal cun eixe central marcado por unha porta con lintel e unha xanela rectangular sobre unha liña de imposta. A espadana sobre o ápice do pinche é de cantería dun só corpo, con tres machóns e dous arcos de medio punto, rematado por un ático desenvolto nun arco de medio punto, coroado e flanqueado por pináculos.

Acceso

En Montesalgueiro, dirección Irixoa ata o lugar de Vila, no cruce á esquerda, nesa estrada ramal a esquerda dirección ao Regueiral.

Estilos

Románico
Arriba