BATERÍA DE SUDOVA

Civil
1217

Localización

Parroquia: Cervás (San Pedro)

Lugar: Chanteiro

15624  Ares - A Coruña

Coordenadas:
43º 26' 38.1" N - 8º 18' 30.9" W

Descrición

Construción de principios do século XX. Posúe características típicas da arquitectura militar, como son a funcionalidade e austeridade. Hai un predominio da horizontalidad en aras dunha maior mimetización co medio que a rodea. Grosos muros de cachotería cubertos de formigón para soportar os posibles bombardeos e revogados. Debido á súa situación estratéxica, posto que aí se situaban os canóns que defendían o litoral, constitúe un miradoiro privilexiado sobre a ría de Ferrol.

Acceso

Dende Ares tomar a estrada de Ares-Chanteiro, despois de pasar a aldea de Chanteiro, coller o camiño da praia e desviarse cara á esquerda por un camiño de terra que leva directamente a Punta Coitelada, onde está a batería.
Patrimonio cultural Civil Castelo, torre, fortaleza
Arriba
Axúdanos a mellorar!