IGREXA DE SANTA MARÍA DE COVELAS

Relixioso
1321

Localización

Parroquia: Covelas (Santa María)

Lugar: Covelas

32634  Os Blancos - Ourense

Coordenadas:
42º 00' 07.3" N - 7º 43' 18.9" W

Descrición

Representación desa arte do s.XVI que, sen abandonar as concepcións góticas, ensaia novas solucións máis decorativas que de estrutura.
A igrexa é orixinariamente románica, pero engádeselle nas primeiras décadas do s.XVI unha cabeceira de planta cadrada, e amplíase posteriormente a construción cara ao oeste. Non faltan reformas nos séculos posteriores.
Como a inmensa maioría dos templos en etapas anteriores ao barroco, decorou os seus muros con pinturas que invitaban á devoción e ilustraban dogmas e crenzas. As pinturas de candeas son renacentistas, e os temas representados son a Asunción de María, o nacemento e o anuncio aos pastores. Son franxas decorativas con anxos, escudo e o emperador Carlos e a súa esposa Isabel de Portugal.

Acceso

En coche.
Arriba