IGREXA PARROQUIAL DE SAN MAMEDE DO MONTE

Relixioso
209

Localización

Parroquia: Sanamede do Monte (San Mamede)

Lugar: Sanamede

15862  A Baña - A Coruña

Coordenadas:
42º 56' 03.9" N - 8º 43' 59.9" W

Descrición

Construída na época baixo medieval, pero sufriu diferentes remodelacións, a fachada e a torre son do S. XVIII. Ten unha nave de planta rectangular con dous nichos horadados no muro Norte e tres no Sur. Os muros combinan cadeirado e cachotaría graníticas con partes rebocadas de cemento. Cuberta a dúas e tres augas con tellado de tella. A fachada, de cadeirado granítico que aumenta a súa altura con aparello de cachotaría recebada de cemento, ten portada con arco de medio punto, fornela, ventanal e unha cornixa con tres bandas graduadas e superpostas. Sancristía pegada a un lateral da nave. Torre exenta que supera uns tres m os muros da igrexa. Ten cinco retablos.

Acceso

Dende San Vicente, toma a estrada AC-444 en dirección a Negreira. A uns catro km e medio (despois de Nantón e antes de Seilán) xira á esquerda e inmediatamente vese un cruceiro, e uns cincuenta metros máis arriba está a igrexa.
Arriba