IGREXA PARROQUIAL DE SANTIAGO DE TRIACASTELA

Relixioso
1976
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Triacastela (Santiago)

Lugar: Triacastela

27632  Triacastela - Lugo

Coordenadas:
42º 45' 19.9" N - 7º 14' 20.9" W

Descrición

A igrexa de Santiago de Triacastela construíuse en época románica, pero sofre unha reforma profunda no século XVIII. Actualmente conserva case a totalidade da súa planta románica, que está feita co material típico da zona, a lousa. Conserva tamén unha ábsida de dobre tramo, unha recta e outra semicircular da mesma época. A fachada e as torres, sen embargo, son de construcción posterior, datan de 1790. O templo ten unha nave de planta rectangular, con muros de lousa e cuberta a dúas augas con tellado de lousa.
A fachada, que está adornada cos tres castelos que dan nome ó lugar, ten unha torre de tres corpos. No mais baixo hai un soportal con catro arcos precedendo a entrada e no segundo destacan un baixorrelevo, unha fornela e unha inscrición. A sancristía conserva unha cruz procesional de prata do século XII. Hai un reloxo de sol feito en lousa de lousa.
A imaxe do Apóstolo Santiago a cabalo preside o retablo maior desta igrexa, que é de estilo barroco.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Arriba
Axúdanos a mellorar!