Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA DE IGREXAFEITA&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA DE IGREXAFEITA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/22840/igrexa-de-igrexafeita?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
Igrexa en ámbito rural, de estilo gótico, con reformas no século XX. Planta rectangular, con nave principal, capela e sancristía. No interior, altar maior con bóveda de crucería, contrafortes e varias claves. Acceso ao presbiterio por arco apuntado e á pequena capela por arco triunfal. No exterior, muros con cachotería á vista, diferenciándose as partes engadidas no século XX. Cuberta de lousa a dúas augas, con armazón de madeira. A fachada primitiva desapareceu coas reformas recentes, que supuxeron sobre todo a ampliación da torre campanario, de grande altura. Conta cun retablo barroco interesante pola súa policromía orixinal.
Recentemente foron descubertas unhas pinturas murais tras do retablo, que se corresponden a diferentes épocas, e representan a apóstolos e outros motivos relixiosos
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.