IGREXA DE IGREXAFEITA

Relixioso
1097

Localización

Parroquia: Igrexafeita (Santa María)

Lugar: A Torre 11

15580  San Sadurniño - A Coruña

Coordenadas:
43º 29' 56.9" N - 8º 00' 47.9" W

Descrición

Igrexa en ámbito rural, de estilo gótico, con reformas no século XX. Planta rectangular, con nave principal, capela e sancristía. No interior, altar maior con bóveda de crucería, contrafortes e varias claves. Acceso ao presbiterio por arco apuntado e á pequena capela por arco triunfal. No exterior, muros con cachotería á vista, diferenciándose as partes engadidas no século XX. Cuberta de lousa a dúas augas, con armazón de madeira. A fachada primitiva desapareceu coas reformas recentes, que supuxeron sobre todo a ampliación da torre campanario, de grande altura. Conta cun retablo barroco interesante pola súa policromía orixinal.

Recentemente foron descubertas unhas pinturas murais tras do retablo, que se corresponden a diferentes épocas, e representan a apóstolos e outros motivos relixiosos

Acceso

Dende a capital municipal, tomar a C-642, no km 5, tomar a C-641, no km 495 atópase a igrexa parroquial.
Arriba
Axúdanos a mellorar!