IGREXA DE SANTA MARÍA DO ROSARIO

Relixioso
1094

Localización

Parroquia: San Sadurniño (Santa María)

Lugar: Avenida do Marqués de Figueroa 5

15560  San Sadurniño - A Coruña

Coordenadas:
43º 31' 57.9" N - 8º 04' 22.9" W

Descrición

Edificio de orixe gótica, aínda que con características predominantemente barrocas. Formou parte ata 1835 do convento do Rosario (que en parte foi Casa do Concello ata 2014). Igrexa do século XVIII, de estilo barroco e capela maior de estilo gótico, máis baixa e máis estreita que as naves do cruceiro, con bóveda de nervaduras e arco de entrada apuntado sobre columnas románicas. Planta de cruz latina e dimensións proporcionadas. No interior, consérvanse tres sepulcros con estatuas xacentes, unha dama e dous cabaleiros, con epitafios en letra gótica, baixo arcos de medio punto nos que campean os escudos heráldicos da casa de San Sadurniño (marqueses da bisbarra ata 1953). No exterior, muros de cadeirado. Fachada principal organizada nun só corpo, con efecto visual de inestabilidade producida pola decoración de aplacados no eixe vertical, que multiplican as dimensións do campanario, coroado por cúpula rematada con pináculos en bóla.

Acceso

Está no núcleo urbano.
Arriba
Axúdanos a mellorar!