CAPELA DE SAN ROQUE

Relixioso
1237

Localización

Parroquia: Sada (Santa María)

Lugar: Sada

Praza de España s/n

15160  Sada - A Coruña

Coordenadas:
43º 21' 01.9" N - 8º 15' 14.0" W

Descrición

Pequena capela de tipoloxía moi simple, sen estilo definido, situada en ámbito urbano. Segundo consta nunha inscrición da fachada, foi construída en 1885. A súa planta rectangular dá lugar a unha única nave. Sobresae un campanario resolto cunha estrutura de ferro cun enreixado de claras connotacións modernistas. Os seus muros están recebados e pintados de branco, polo que os seus panos contrastan coa cantería dos esquinais. Edificio sinxelo e austero, sen apenas concesións ao adorno. Na actualidade está desacralizada e utilízase como sala de exposicións e outros usos culturais.

Acceso

Está no núcleo urbano.

Estilos

Rexionalista
Arriba
Axúdanos a mellorar!