FERVENZA DE TOREZ

Fervenzas
363

Localización

O Valadouro - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 32.1" N - 7º 29' 01.4" W

Descrición

A fervenza de Torez está situada no concello do Valadouro. Atópase no rego Penido Novo, que desemboca no río Bao e posteriormente cambia de nome para chamarse Río do Ouro e desembocar no Cantábrico preto de Foz.

O acceso ao salto de auga está sinalizado e acondicionouse para facilitar a visita. Partimos da aldea de Esqueira e atravesarémola para atopar os sinais cara a fervenza, que está a uns 600 metros do lugar onde podemos deixar o noso vehículo.

O camiño cruza unha ponte de madeira para remontar o río pola marxe dereita. Uns metros máis adiante atoparemos unha primeira pequena fervenza e, pouco despois, chegamos á fervenza de Torez. rodeada de grandes fentos e vellos muíños.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba