FERVENZA DO LEXOSO

Fervenzas
559
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Covelas (San Vicente)

Ribadeo - Lugo

Coordenadas:
43º 30' 27.7" N - 7º 10' 02.2" W

Descrición

A fervenza do río Lexoso está situada no río do mesmo nome, que nace na serra de Trabada preto da Fórnea e despois pasa a chamarse río Grande para desembocar no río Eo.

A desembocadura do río Eo forma parte da Reserva da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón.

Esta fervenza forma unha enorme piscina natural e está rodeada de vexetación de ribeira. A fervenza está situada no chamado Camiño do Encanto, que parte da zona urbana de Ribadeo e pasa polas aldeas de Ove e Vilela e pola parroquia de Santa María Madanela de Cedofeita.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba