FERVENZA DO RABO DA BESTA

Fervenzas
471

Localización

Parroquia: San Xes de Vilariño (San Xes)

Lobeira - Ourense

Coordenadas:
41º 59' 46.6" N - 8º 03' 13.8" W

Descrición

O rego do Rabo da Besta é un afluente do río Grou que desemboca no río Limia e descende dende a serra do Laboreiro.

Se saímos de Bande tomaremos a estrada OU-1212 en dirección a Lobeira e, ao chegar ao lugar de Santa Baia, desviámonos á OU-1216 en dirección a San Xes de Vilariño.

Pouco antes de chegar atoparemos o indicador da Ruta das Mámoas e collemos ese camiño para percorrer uns 350 metros ata chegar a un desvío á esquerda cara a Queguas. Dende alí camiñamos 1 quilómetro ata o río, cruzámolo e continuamos por un sendeiro para o gando que sube con gran desnivel monte arriba.

IMPORTANTE: é un camiño que ascende cunha pendente moi pronunciada.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba